Escrito por Curuxarallye Venres, 29 Xaneiro 2010 11:02
Ós poucos o gran día achégase, mostra diso centos de afeccionados de Asturias, Cantabria, León e por suposto galegos están a visitar os puntos de venda para facerse coa súa entrada, e así o próximo 6 de febreiro poder acceder ao circuíto no Recinto Semana Verde de Galicia sen ter que facer cola nos despachos de billetes. Ademais garántese que terá un lugar para ver o espectáculo en directo, xa que o aforo limítase a 5.000 persoas.
Programa-Horario
- 10:30 Acto Apertura do III Fórmula Rali do Cocido.
- 10:45 Apertura entrada público.
- 11:00 Inicio mangas de adestramento.
- 14:45 Presentación dos pilotos ao público, volta de honra.
- 15:00 Mangas oficiais.
- 19:30 Entrega de Trofeos.
- 19:45 Rolda de prensa
- 20:00 Acto Clausura do III Fórmula Rali do Cocido.
A partir das 11 da mañá dará comezo o espectáculo onde os pilotos irán saíndo ao rodo a recoñecer o circuíto, no que horas despois demostrarán cal é a mellor freada, a trazada perfecta, a mellor volta.
Lista de inscritos
Un ano máis a lista de incritos é de campanillas, onde se poden ver novas promesas fronte a pilotos contrastados, grandes do automobilismo internacional e nacional fronte aos grandes campións galegos, que a recado, todos eles darán moito, moito espectáculo.
|
Nº |
Piloto |
Coche |
|
1 |
Markko Märtin |
Mitsubishi Lancer Evo |
|
2 |
Philippe Bugalski |
Mitsubishi Lancer Evo |
|
3 |
Luís Climent |
Mitsubishi Lancer Evo |
|
4 |
Jose Mari Ponce |
Bmw M3 |
|
5 |
Yeray Lemes |
Mitsubishi Lancer Evo |
|
6 |
Samuel Lemes |
Mitsubishi Lancer Evo |
|
7 |
Pedro Burgo |
Mitsubishi Lancer Evo |
|
8 |
Manuel Senra |
Peugeot 306 Kit Car |
|
9 |
Víctor Magariños |
Bmw M3 |
|
10 |
Amador Vidal |
Mitsubishi Lancer Evo |
|
11 |
J.M. Pose |
Bmw M3 |
|
12 |
Jaime Castro |
Mitsubishi Lancer Evo |
|
14 |
J.A.Iglesias |
Mitsubishi Lancer Evo |
|
15 |
Rodrigo «Caixas » |
Mitsubishi Lancer Evo |
|
16 |
Ivan Ares |
Kartcross |
|
17 |
Santi Ares |
Kartcross |
|
18 |
Toño Varela |
Fórmula |
|
19 |
Jorge Pérez |
Speedcar |
Público
A entrada ao circuíto para o público abrirase ás 10:45, podendo entrar e saír do recinto as veces que lle sexan necesarias grazas a un sistema de control. Polo cal unha vez vistas as mangas de adestramento da mañá, poderán saír a comer e volver entrar pola tarde sen o máis mínimo problema.
Ademais, como en todos os espectáculos deportivos que se realizan en calquera parte do mundo, prohíbese o acceso ao circuíto de bebidas do exterior en botellas, latas... Estas deben ser dispensadas sen tapón no interior do circuíto para que a seguridade non se vexa comprometida en nigún momento. (É por iso que se permite saír as veces que sexan necesarias.)
Texto: Comunicado de Prensa
| < Anterior | Seguinte > |
|---|
Procura
II Trofeo de Promoción Curuxarallye Pistón-Cup 2010
Dende Dentro
Curuxarallye pon o seu espazo ó servizo dos equipos que queiran promocionarse explicando as súas vivencias Desde Dentro nas probas
Ler máis... >>
Curuxarallye apoia














