Texto

CURUXARALLYE®, desde 2003 o Punto de Información do Automobilismo

Só un punto separa aos dous primeiros clasificados do Volante RACC, despois dun vibrante Rali San Froilán

PDFImprimirCorreo-e

Noticias - Últimas

Apertado o duelo pola vitoria entre Martín Belo e Fran Lago, na que foi a carreira máis disputada de toda a presente tempada
Só un punto separa aos dous primeiros clasificados do Volante RACC, despois dun vibrante Rali San Froilán
6 de setembro
Magnífica carreira a vivida no Volante RACC Galicia dentro da 32ª edición do Rali San Froilán, proba lucense do Campionato Galego que se celebraba ao longo deste pasado fin de semana, e que durante dous días convertía ao automobilismo no deporte rei da cidade amurallada.
Catorce eran os pilotos que tomaban a saída inscritos no trofeo multimarca avalado polo RACC, pero moi pronto se foron perfilando os protagonistas da carreira. Nun primeiro plano hai que situar o compostelán Martín Belo e ao naronés Fran Lago, que marcaron o mellor crono no primeiro tramo (empatados á décima) e que dende ese primeiro momento pelexaron polo triunfo, deixando atrás o resto de rivais. En varias das especiais cronometradas, a diferenza entre ambos os dous foi cuestión de décimas de segundo.
Entre o resto de pilotos, a loita pola terceira praza dirimiuse entre Alberto Otero e Marcos Rodríguez "Puigos", polo menos ata que a Otero lle fallaba a caixa de cambios e cedía varios minutos no terceiro tramo.A partir dese momento Tino Igrexas e Marcos Rodríguez situáronse 4º e 5º respectivamente, pero as posicións estaban "estabilizadas" e malia o alto ritmo de carreira, as diferenzas foron escasas nos restantes tramos. De feito non houbo cambios nas cinco primeiras prazas da clasificación, e foron a miúdo os abandonos os que decidiron as seguintes.
Clasificación 32º Rali San Froilán

Thumbnail image

Apertado o duelo pola vitoria entre Martín Bello e Fran Lago, na que foi a carreira máis disputada de toda a presente tempada

Ler mais. Só un punto separa aos dous primeiros clasificados do Volante RACC, despois dun vibrante Rali San Froilán

   

Victoria no Rali San Froilán de Sergio Vallejo e Moncho López, patrocinados por Antalsis

PDFImprimirCorreo-e

Noticias - Últimas

O actual Campión de España foi o máis destacado dos pilotos do equipo
Victoria no Rali San Froilán de Sergio Vallejo e Moncho López, patrocinados por Antalsis
Sorte dispar para os pilotos do equipo lucense "Antalsis Competición" participantes no Rali San Froilán: Sergio Vallejo - Moncho López (Skoda Octavia WRC), Luis Vilariño - Cándido Carreira (Renault Maxi Megane) e Alberto Otero - José Vilas (Peugeot 206 XS).
Sergio Vallejo fixo bos os prognósticos e a bordo do impoñente Skoda Octavia WRC cedido para a ocasión por Roberto Blach, logrou gañar esta proba na que como lucense participou en innumerables ocasións durante as súas máis de dúas décadas en activo, pero que ata agora faltaba no seu palmarés. Antalsis, cuxo emblema lucía no coche de Vallejo, foi tamén protagonista deste histórico triunfo.
Luis Vilariño non puido, pola súa banda, concluír a carreira lucense. Durante a primeira etapa padecería algúns problemas mecánicos no seu Renault Maxi Megane, que lle impediron rodar preto dos tempos de cabeza: " -Xa nos tramos do sábado fallaba a caixa de cambios, nunha avaría que non se puido solucionar e que mesmo nos provocou unha saída de pista no cuarto tramo, despois da cal, por sorte, puidemos seguir en carreira. Os fallos mecánicos foron a maiores e xa no primeiro dos tramos do domingo tivemos que abandonar. "
No que respecta a Alberto Otero, o piloto júnior patrocinado por Antalsis e que compite dentro do Volante RACC Galicia, comezou ben a carreira e pronto destacou como un dos pilotos que rodaban nos postos de cabeza, ocupando a terceira posición cando xurdiron problemas no cambio de marchas, que lle fixeron perder algúns minutos e toda opción a un bo resultado, tendo que conformarse con concluír na 9ª praza.
Clasificación 32º Rali San Froilán

Thumbnail image

O actual Campión de España foi o máis destacado dos pilotos do equipo

Ler mais. Victoria no Rali San Froilán de Sergio Vallejo e Moncho López, patrocinados por Antalsis

   

Meira segue líder do Galego e abóndalle unha vitoria máis para ser Campeón

PDFImprimirCorreo-e

Noticias - Últimas

Alberto Meira suma uns puntos moi valiosos nunha proba moi complicada para el, debido a problemas mecánicos no seu Mitsubishi Lancer.
Meira segue líder do Galego e abóndalle unha vitoria máis para ser Campeón
Meira e Bañobre acudían a Lugo con ganas de sentenciar o Campionato Galego, non obstante empezaban moi pronto as complicacións, e xa na véspera o seu equipo decidía por precaución cambiar o turbo. A partir do segundo tramo rompíase un semieixe dianteiro, unha avaría que a punto estivo de supoñer o abandono pero que, nun gran traballo por parte da asistencia, permitiu ao Evo X amarelo continuar en carreira. Así, remataban a primeira das dúas etapas de competición en cuarta posición, pero o que é máis importante, 27 segundos por detrás de Martínez Barreiro, o máximo rival no campionato e ao que ao día seguinte Meira ía tratar de adiantar na clasificación.
Non obstante os problemas mecánicos irían a maiores e ao longo das seguintes seccións serían cada vez máis frecuentes os problemas coa transmisión. Ao finalizar o segundo tramo da sección matinal, Meira declaraba que " -Non podo facer máis. O coche está mal, os indicadores do cadro de mandos márcanme fallos na presión da bomba de diferenciais. O coche apagouse varias veces no tramo, córtase a corrente e hai que poñelo en marcah de novo, e nesa operación estamos a perder moito. "
É nese momento cando o equipo tivo posiblemente a súa actuación máis destacada da tempada: " -Os meus mecánicos estiveron fantásticos, detectando e solucionando a avaría. O problema acabou sendo un cable na instalación eléctrica da bomba de diferenciais. Despois dese paso pola asistencia, o coche funcionou perfectamente e fomos capaces de recortar máis de 20 segundos a "Bamarti" nos pouco máis de 31 kms dos últimos tres tramos. "
A loita polo campionato segue adiante e pode dicirse que Meira é máis líder tras o San Froilán: Unha vitoria en calquera das probas que faltan brindará ao piloto de Vincios o título galego.

Thumbnail image

Alberto Meira suma uns puntos moi valiosos nunha proba moi complicada para el, debido a problemas mecánicos no seu Mitsubishi Lancer.

Ler mais. Meira segue líder do Galego e abóndalle unha vitoria máis para ser Campeón

   

Un segundo posto "con sabor a vitoria" para Iván Ares no Rali San Froilán

PDFImprimirCorreo-e

Noticias - Últimas

O de Cambre marcou co seu Mitsubishi o mellor tempo absoluto en dous tramos
Un segundo posto "con sabor a vitoria" para Iván Ares no Rali San Froilán
5 de setembro
Plenamente satisfeito estaba Iván Ares no podio final do Rali San Froilán. O mozo coruñés volvía demostrar que cando a mecánica o respecta, estamos ante un dos pilotos máis rápidos no reputado Campionato Galego.
Malia algúns pequenos contratempos, Ares concluía a primeira das dúas etapas de competición na segunda posición absoluta, exactamente a mesma na que finalizaba a proba ao día seguinte, en que se defendía do ataque de Martínez Barreiro, que non conseguiría superalo senón que mesmo perdía terreo.
Para Ares este resultado " -Hai que tomalo como unha vitoria. Só nos gañou Sergio Vallejo, que é nada menos que o actual Campión de España, e que ademais esta vez ía nun coche moi superior. Respecto ao meu, de feito pesa uns 200 kgs menos, e ten como pouco uns 60 CV máis. Terlle gañado mesmo algún tramo, é incrible. "
O de Cambre engadía que: " -É certo que aquí eu rodaba 3º ata que me favoreceu o abandono de Pedro Burgo, que rodaba por diante... exactamente igual que a Pedro o favoreceu o meu abandono no Rali Comarca de Ulloa, cando era eu quen lle ía gañando. Este ano non tiven demasiada sorte, así que todo iso inflúe a que esteamos tan contentos agora que os resultados cheguen. "
O equipo vai intentar agora estar na seguinte proba: " -Non sabemos se sairemos ao Rali Ourense Baixa Limia, debido a limitacións presupostarias, e a que estamos xa a pensar máis en afrontar a tempada que vén, vender noso coche... O noso reto agora sería basicamente poder estar na saída da seguinte proba. Por intentalo, que non sexa. "

Thumbnail image

O de Cambre marcou co seu Mitsubishi o mellor tempo absoluto en dous tramos

Ler mais. Un segundo posto "con sabor a vitoria" para Iván Ares no Rali San Froilán

   

O ACSM Rally Team quinto no San Froilán 2010

PDFImprimirCorreo-e

Noticias - Últimas

O ACSM RALLY TEAM QUINTO NO SAN FROILÁN 2010
Se houbese que cualificar o Rally San Froilán 2010 realizado polo ACSM RALLY TEAM a nota sería un notable alto, xa que como prometeran os irmáns Álex e Santi Pais nos prolegómenos da proba -na que tomaban parte a bordo dun Mitsubishi Lancer Evo X de RMC Motorsport- o resultado final foi unha segunda praza na Copa Top-Ten Driver Pirelli e a quinta na clasificación xeral final dun rally duro, longo no tempo, e que de novo confirmaba, como a pasada proba de Ferrol, que o ACSM RALLY TEAM deixou atrás o seu refacho negativo nas probas desta tempada.
Dende o comezo da proba, os Pais, ocupaban a segunda praza da Copa, chegando a marcar o "scracht" no cuarto tramo, e manténdose firme no posto de prata ata a finalización do Rally, mentres na xeral absoluta comezaron unha progresión dende a primeira especial entre os dez primeiros para pasado o ecuador da proba situarse entre os cinco primeiros. Ao cabo unha quinta praza absoluta nunha proba autonómica que contaba coa presenza de pilotos non habituais do certame, e unha segunda da Copa que volve meter o ACSM RALLY TEAM nos postos de cabeza da competición.
"Foi un Rally moi bo, pouco a pouco nos fomos adaptando ao Mitsubishi Lancer Evo X, xa que os cambios con respecto ao noso Evo IX son moitos, pero fomos progresando ao longo da proba e mellorando en cada tramo que realizabamos. O coche portouse ás mil marabillas e demostrounos ser unha máquina moi competitiva, polo que regresamos de Lugo satisfeitos co traballo realizado e co conseguido, sobre todo ao ser o San Froilán unha proba tan difícil e con tanto carisma" comentaba un satisfeito Álex Pais á súa chegada ao remate da proba lucense.
Os miras do equipo, agora, están postos na seguinte cita o Campionato de Galicia de Rallys, o Rally Ourense Baixa-Limia que o próximo día 2 de outubro achega o automobilismo galego á capital Das burgas.

Thumbnail image

Se houbese que cualificar o Rally San Froilán 2010 realizado polo ACSM RALLY TEAM a nota sería un notable alto, xa que como prometeran os irmáns Álex e Santi Pais nos prolegómenos da proba -na que tomaban parte a bordo dun Mitsubishi Lancer Evo X de RMC Motorsport- o resultado final foi unha segunda praza na Copa Top-Ten Driver Pirelli e a quinta na clasificación xeral final dun rally duro, longo no tempo, e que de novo confirmaba, como a pasada proba de Ferrol, que o ACSM RALLY TEAM deixou atrás o seu refacho negativo nas probas desta tempada.

Ler mais. O ACSM Rally Team quinto no San Froilán 2010

   

Podio para Albert Orriols en Cervera

PDFImprimirCorreo-e

Noticias - Últimas

Podio para Albert Orriols en Cervera
O intenso po das especiais, na segunda metade da proba,
condicionou o equipo patrocinado por SIMM na loita pola segunda praza
O Campionato de Catalunya de Rallys, no seu novidoso formato mixto de asfalto e terra, chegaba este fin de semana á súa sexta proba puntuable da tempada; o 11º Rallye de Terra "Ciutat de Cervera".
O binomio de SIMM, formado polo piloto Albert Orriols e o seu copiloto Manel Muñoz, chegaba á cita ilerdense cun só obxectivo; recortar distancias cos seus rivais máis directos na clasificación e loitar pola vitoria da proba.
O rally, que se disputaba na tarde-noite do sábado, comezaba moi ben para as aspiracións do equipo de Vic. O primeiro paso polas especiais de "O Castell" e "Tarroja-Les Oluges" situaba a Orriols-Muñoz en plena liza pola vitoria, a menos de vinte segundos do líder e na terceira posición.
No segundo bucle da xornada, Orriols e Muñoz lanzábanse ao ataque aos mandos do seu Mitsubishi Lancer EVO X; o forte ritmo imposto na segunda pasada por "O Castell" deixaba ao equipo de SIMM dous segundos do scratch, a pesar dun pequeno golpe na última curva na que Orriols picaba unha roda dianteira. No seguinte paso por "Tarroja-Les Oluges" as cousas complicábanse para Albert Orriols por culpa do incidente no tramo anterior, dado que a dirección da súa montura quedaba danada polo impacto. Aínda así, Orriols facíase con outro sensacional segundo mellor rexistro.
O terceiro bucle do rallye seria o que poñería freo á progresión do equipo SIMM; un sol de xustiza en dirección oposta ao sentido do tramo e unha gran cantidade de po facía imposible a condución. Na terceira pasada por "O Castell", Orriols tiña que ceder case medio minuto respecto ao líder e afastábase así da loita pola segunda posición. Na terceira pasada por "Tarroja-Les Oluges" e debido ás adversas condicións, a organización decidía neutralizar a especial e outorgar a partir do terceiro coche que tomara a saída, xusto a partir do de Orriols, o mesmo rexistro conseguido no segundo paso por esa mesma especial. Esta medida situaba en clara desvantaxe a Orriols-Muñoz e deixaba o podio do rally sentenciado.

Thumbnail image

O intenso po das especiais, na segunda metade da proba, condicionou o equipo patrocinado por SIMM na loita pola segunda praza

Ler mais. Podio para Albert Orriols en Cervera

   

Vallejo rompe o meigallo

PDFImprimirCorreo-e

Noticias - Redacción

Avaliación do usuario: / 9
RuínMellor 

 

Thumbnail image

Vallejo e López, xunto a Blach e o seu 'cachorro'

Despois desta vitoria, ninguén lle volverá recordar ó Lobo a mala sorte de anteriores edicións.

Ler mais. Vallejo rompe o meigallo

   

Lobo solitario

PDFImprimirCorreo-e

Noticias - Redacción

Avaliación do usuario: / 9
RuínMellor 

Thumbnail image

O abandono dos Burgo deixa a Vallejo cunha cómoda vantaxe trala primeira etapa do San Froilán

Ler mais. Lobo solitario

   

O Campionato Galego de Rallyes estreará un novo sistema de cronometraxe para 2011

PDFImprimirCorreo-e

Noticias - Redacción

Avaliación do usuario: / 3
RuínMellor 

A Federación Galega de Automobilismo continúa a testar os novos equipos que funcionan gracias á máis avanzada tecnoloxía GPS.

Ler mais. O Campionato Galego de Rallyes estreará un novo sistema de cronometraxe para 2011

   

O equipo de Melide intentará ir a por todas no Sanfroilán

PDFImprimirCorreo-e

Noticias - Últimas

Queremos lograr a vitoria e daremos todo o que estea na nosa man para logralo

Thumbnail image

A última proba disputada polos irmáns melidenses fraguouse cun sen fin de problemas cun gran labor do equipo que permitiu meter o coche no parque pechado de Salvaterra de Miño.

Ler mais. O equipo de Melide intentará ir a por todas no Sanfroilán

   

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL

Curuxarallye®

Thumbnail image


Curuxallye confía en

Procura

II Trofeo de Promoción Curuxarallye Pistón-Cup 2010

Dende Dentro


Thumbnail image


Curuxarallye pon o seu espazo ó servizo dos equipos que queiran promocionarse explicando as súas vivencias Desde Dentro nas probas

Ler máis... >>

Curuxarallye apoia

Por un Punto.gal


Últimas galerías publicadas